Ir al contenido principal

A miña experiencia en Tres Trols nos Castros

 


Tres trols nos Castros son unhas xornadas de xogos de rol que levamos organizando no barrio dos Castros da Coruña dende xa fai tres edicións. Na cidade da Coruña e contorna se non me equivoco non se xogaban xornadas dende as lendarias Gygax organizadas pola Asociación Draco e pensamos, oes, imos montar unhas mesas e a ver que pasa. E pasa o que pasa.

A Tobeira de Oza e unha librería de vello e dinamizadora cultural que nos deixa empregar parte do seu espazo para montar o lío. E unha librería preciosa con baldas cheas de libros dende o chan ata o teito, un lugar agradable nun marco inmellorable para darlle aos xogos de rol. 

Organizar unhas xornadas non deixa de ser un pouco como preparar unha partida. Tes unha proposta e vas atopando solucións sobre a marcha. Comezamos con un cartel. Este é o debuxo que empregamos para o deseño:


Pero non vos vou aburrir co tema da organización, prefiro falar da mandanga divertida. Soamente agradecer a Viri e a Dani polo seu tempo, a súa enerxía, a capacidade para identificar problemas, atopar solucións, chegar a acordos e tolear en amor e compañía. Tres pares de ollos ven mais que un ¿Non é así?

Pola mañá xogamos Pokemon lendas: A Coruña. Dirixía Clovis que anda montando líos pola Asociación Draco e nunca xogara con él. Nos últimos tempos non teño moitas oportunidades de achegarme polo local e é unha pena por que o boto de menos. 

Eu de Pokemon non teño nin idea, recollín Pokemons para o Pokemon Go cando a febre aquela de xa fai un tempo pero non me lembraba de nada. Na mesa senteime con Dani e Sou. Creamos as personaxes sobre a marcha. O xogo e un PbtA adaptado ao universo Pokemon. Xoguei coa Señora Hortensia, unha velliña a que lle encantan as prantas. Fai un tempo quedou viuva do seu Vicente e durante o funeral apareceu un bulbasaur que adoptou pensando que era o seu marido reencarnado. Dani xogou o meu neto, un liante de Montealto e Sou xogou con Uos, un rapaz da cidade sureña de Auriense que viu con nosequé conto de montar un negocio de augas termais na cidade. 

Paseino moi ben, visitamos o cemiterio de San Amaro onde uns pokemon de tipo fantasma molestaban  a xente cando trataban de visitar a seus mortos e tamén descrubrimos que o Team Rocket estaba facendo unha desfeita no acuario e pretendía levarse nun barco a unha morea de pokemons. Traballo feito!

Ao mediodía baixamos comer unhas pizzas e facer uns cafés falando hiperexcitados de xogos de rol e demais. A boa vida. Tiven que poñerme un pouco serio para defender as Crónicas da Dragonlance pero polo resto ben. Sorteáronse unhas hostias mecaghonomaissagrado!

E pola tarde tocabame dirixir. Dirixir co bandullo cheo non mola pero os perros vellos pillaron todas as mesas da quenda da mañá e non houbo máis remedio. Como levo un tempo viciado con Questworlds apeteceume probar cunha aventura que naceu dun par de palabras tiradas ao chou nunha táboa de Mythic. E sorprendente onde podes terminar! Os personaxes forman parte do rebaño, un grupo de fanáticos perseguidos polo rei Leon X de Bruas Aspartas. A súa misión consiste en explorar as terras do norte para atopar un lugar onde establecerse e comezar de novo lonxe da guerra e da persecución relixiosa.

Alí descobren outra cultura e teñen que atopar a maneira de establecer contacto e explicar a esta xente que se van achegar un grupo de fanáticos famentos perseguidos por un exército que quere acabar con eles. 

Aínda que pode ser unha partida que toca temas sensibles tivemos tempo de botar unhas boas risas! David xogou a  Perk o cazador insensible, José Manuel xogou a Godrir, o matón cheo de carraxe, Óscar xogou con Clatch, o cociñeiro político, Fed xogou con Naira, a curandeira paciente, e Manu xogou con Kaifen, o moinante encantador. 

Paseino de medo, gustoume como funcionou a historia ainda que penso que vai funcionar moito mellor en varias sesións e probamos a creación de personaxes sobre a marcha e algunha que outra mecánica para amosar un pouco como funciona o sistema de xogo.


Na foto falta David que supoño estará na cova de Lalúa establecendo vínculos diplomáticos de alto nivel.

E nada, creo que isto foi un pouco todo ¿Non? Atoparse con toda esta xentiña é estupendo. Todo o mundo tivemos una sensación como moi agradable, moi familiar que deu gusto. Quedei con ganas de xogar mais dunha das partidas que se programaron e de pararme a falar mais tempo coa xente.

Nestas historias comezas pensando, buah, non me pillan noutra e rematas agotado pensando, bueno, para o ano xa veremos.

Así que nada, ata o ano que ven!

Comentarios

  1. Pasei un día fantástico xunto con xentiña maravillosa nun lugar máxico. Moitas grazas por ter a valentía de liar eventos como éste 🥰

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Teño esa misma sensación. Esa porta ao fondo da Tobeira lévanos a outro lugar.

      Eliminar

Publicar un comentario

Mastodon