Tres trols nos Castros son unhas xornadas de xogos de rol que levamos organizando no barrio dos Castros da Coruña dende xa fai tres edicións. Na cidade da Coruña e contorna se non me equivoco non se xogaban xornadas dende as lendarias Gygax organizadas pola Asociación Draco e pensamos, oes, imos montar unhas mesas e a ver que pasa. E pasa o que pasa. A Tobeira de Oza e unha librería de vello e dinamizadora cultural que nos deixa empregar parte do seu espazo para montar o lío. E unha librería preciosa con baldas cheas de libros dende o chan ata o teito, un lugar agradable nun marco inmellorable para darlle aos xogos de rol. Organizar unhas xornadas non deixa de ser un pouco como preparar unha partida. Tes unha proposta e vas atopando solucións sobre a marcha. Comezamos con un cartel. Este é o debuxo que empregamos para o deseño: Pero non vos vou aburrir co tema da organización, prefiro falar da mandanga divertida. Soamente agradecer a Viri e a Dani polo seu tempo, a súa ener...